Alí por onde paseo

eño que confesar que ando, ou paseo, moi pouco polo centro da cidade. Refírome ao barrio da Magdalena. No o fago desde hai anos, aló menos de xeito cotián, porque agora góstanme máis outros barrios, como Canido ou Ferrol Vello, e non porque esté a vivir perto deles, senón porque axudan a un a manter fríos os miolos polo sinxelo exercicio do contraste. Xorde así a imaxe de Canido, que xa era popular pero non tanto –penso eu– como o é agora. E tamén a de Ferrol Vello, que lle pasa o mesmo, pero que contrasta polos feitos. Mentres un parece rexurdir e énchese de xente, o outro atemoriza, aló menos nalgunhas rúas, porque tamén é certo que Ferrol Vello tamén tense convertido nun polo de atración da xuventude con toda unha recua de novos establecementos. Mágoa non pasear pola Magdalena tan amiudo, en donde un día, de súpeto, atopas pechado un comercio de toda a vida, ou aparece outro que, cousas da vida, a penas dura un ou dos meses. Mágoa, en calquera caso.

Alí por onde paseo

Te puede interesar