Covid-19 deixounos moitas leccións. Unha delas, é que os humanos como dicían nun programa da TVE nos primeiros anos despois do suposto fin do Franquismo, un programa repito, que tiña por obxecto estimular a compra do coche por medio da divulgación das normas de condución, os humanos somos os únicos animais que batemos tres veces na mesma pedra.
E digo isto a conta de que, nestas derradeiras semanas, unha das preocupacións dos españois e galegos, é con que centrais vaise reforzar o Real Madrid. Un Real Madrid cheo de débedas multimillonarias seguramente coa fazenda, é dicir: Con todas nós, ao que se lle permite gastar millóns e millóns de euros en uns deportistas, que soamente danlle patadas a un balón. É certo que coma eles, os demais que xogan na liga.
Porque o realmente preocupante hoxe en día, o que debía estar en boca de todas nós, nas cafeterías nas colas do supermercados, nos centros de traballo ecetéra, é como imos reforzar as nosas escolas, as nosas universidades e sobre todo as nosas docentes e nom docentes, para que a rapazada nom colla o virus, non o leven para as súas casas e nom contaxien as proprias ensinantes e as súas familias.
Aquí na Galiza, o señor Feixoo, está a demostrar que nom lle importa moito a saúde do profesorado e da rapazada, polas nulas medidas que esta a tomar, xa que nin sequera reúnese coa comunidade escolar e os diferentes centros, para elaborar un protocolo para o curso 2020-2021, que aborde e dote de medios, aos diferentes centros escolares os cales, nom serán os mesmos se é unha escola do rural, que se é un centro educativo na Coruña.
O señor Feixoo, da por bo e vai permitir, aulas con mais de 35 rapazas xunto cas mestras, algo insólito xa que a Xunta prohibe as reunións de máis de 25 persoas, se reforza ao profesorado soamente cunha mestra a media xornada, o persoal non docente como bedeis ou limpadoras, as cales van estar saturadas polas esixencias proprias do Covid-19, tampouco reforzanse... etcetéra.
Fai uns días os secretarios da ONU e da OMS avisaron que o Covid-19 ía ser un atraso moi grande na educación das nosas rapazas e isto ía traer consecuencias económicas nefastas a medio e largo prazo, ademais de ser unha perdida moi grande para o coñecemento.
Esperemos que este setembro, como dixo a CIG de que si nom se toman as medidas correctas vai ser quente, a Xunta entre em razón e de prioridade a saúde da comunidade escolar, a un desenvolvemento do curso escolar en condicións fronte ao coronavirus, pola seguranza de todas nós e que ao final, nom haxa un novo confinamento.
“O que a escultura é a un bloque de mármore, a educación é para o alma”, segundo afirmou Joseph Addison.