FIN DE CICLO

Alén das noticias sobre a corrupción filtradas polas fraccións enfrontadas no PP que visualizan este final e que pretenden colocarse o mellor posíbel para a longa travesía do deserto, a paisaxe reflicte unha situación económica e social de terra queimada. Eís teñen algunha desas cifras que esvaran polas follas dos xornais e ás que, seguramente, xa nin lles prestamos atención polo aborrecidos que estamos: 21,7% de desemprego na Galiza e 26% en Ferrol. Perdemos emprego a pesar de que envellecemos a un ritmo desaforado e que a nosa mocidade se ve obrigada a emigrar. Se algo reflicten, pois, os datos da EPA do 1º trimestre é o fracaso das políticas desenvolvidas até o momento.
Qué ten que acontecer para que a elite dirixente dos últimos anos recoñeza o seu fracaso e se marche? A súa continuidade só prolonga a agonía e con ela o sufrimento de milleiros de galegos.Velaí unha razón para se mobilizar este 1 de maio.

 

FIN DE CICLO

Te puede interesar