FALANDO DENDE LONXE

Alonxanía é sempre un marco propicio para moitas cousas. Algúns falan dende lonxe como non o fan cando teñen máis próxima á súa masa electoral. Semella que a distancia promove a locuacidade. E Rajoy vai dun solto que chama a atención. Quizás inflúa o feito de sentirse impune ao estar rodeado dos seus iguais, os poderosos presidentes europeos. Chama a atención que un presidente en funcións aposte a súa sorte non a facer o imposible para gobernar, se non á posibilidade e ao desexo de que Pedro Sánchez fracase nas súas operacións para sumar os apoios suficientes. 
Visto así, tal e como nolo pintou Rajoy dende a distancia, podémoslle aplicar aquilo de que nin vou alá nin fago falta. Levamos demasiado tempo embarrancado, nas areas movedizas dun sen goberno que non pode seguir marcando o rumbo político do país. Hai demasiadas cousas que poñer en marcha, cambiar ou derogar, como para permitirse o luxo de perder meses nun inútil enfrontamento que non leva a ningunha parte. Os cidadáns podemos entender os postureos, os toma e daca para ver que se pode conseguir de máis ou de menos. Pero non que non haxa responsabilidade e coherencia na postura final. 
Mentres a corrupción no PP segue acaparando portadas, escandalizando dentro e fóra de España e leva camiño de ser masiva, as novas xudiciais son dos ERE de Andalucía e das decenas e decenas de tramas de pagos irregulares, financiacións encubertas e outras tipoloxías similares do PP. Nese estado falar do que é moral ou amoral nas accións dos demais semella unha broma de mal gusto.

FALANDO DENDE LONXE

Te puede interesar