Rergresamos

Con moito tino e  amodo. Despois destes días de festa,  os labores do día a dia  agardan por nós con un sorriso nos beizos que a máis de un lle resultará cínico. E o 31, cos fogos de San Ramón, as filigranas dos foguetes na noite proxectadas sobre a tona da enseada de A Malata, lembrarannos  que o tempo foxe e non agarda por ninguén... Que fican, atrás, días nos areais,  noites de música e amoríos inesquecíbeis.
 De vagar as rúas da cidade tornarán á rotina e as conversas retomarán temas aparcados pola urxencia do verán. Porén, aínda manterán un alborozo provocado pola presenza de nenos e adolescentes aos que  lles quedan uns días de vacacións. De todos modos, non se amorriñen, setembro (se quixer) pode  ser unha regalía e manternos na ficción do verán.  E, se o tempo segue colaborando, xa metidiños no outono  para os máis festeiros fican o San Froilán en Lugo e as San Lucas en Mondoñedo.
 

Rergresamos

Te puede interesar