Todas somos Diana Quer

O  comezo do ano 2018 trouxo consigo a noticia do asasinato de Diana Quer, unha moza de 18 anos desaparecida no 2016 de camiño a casa despois dunha festa.
Diana nunca chegou a responder á mensaxe do amigo co que falaba mentres volvía a casa, 500 días despois do que sería unha boa noite de festa, apareceu o seu corpo nunha nave abandonada. Durante todos eses días apareceron nas vías de comunicación moreas de noticias sobre o asasinato, estes medios comparten datos realmente detallados e dolorosos, xa que é do que se alimentan, xeran cada vez noticias máis noxentas e rebuscadas para seguir alimentando á opinión pública sen ter en conta ás persoas achegadas á vítima, faltando o seu respecto e invadindo a súa privacidade. Programas de televisión e foros de debate deberían pedir máis dunha desculpa á familia de Diana Quer. Pero non pasará. O seu obxectivo é gañar diñeiro con estas traxedias. 
 Diana foi xulgada por toda a nosa sociedade e polos nosos medios, que fan carnaza sobre a relación cos seus pais, culpando nun primeiro momento a súa familia e a ela mesma polas súas compañías, relacións amorosas, forma de vestirMentres atopábanse de fronte cun asasinato que ten como causa a violencia de xénero. Esta violencia se lexitima cada vez que se sinala e cúlpa a unha muller, como se culpou a Diana Quer. Ela non é culpable de nada, nin de ser xove, nin de desfrutar das festas, nin de confiar na xente e nin de ter pais separados. O seu único delito era ser muller nunha sociedade machista e misóxina. Non importan as nosas faldras, nin a nosa roupa, non son as horas ás que volvemos a casa, nin con quen saímos nin como nos divertimos. A cuestión non foi Diana nin de ningunha de nos, senón de quen non nos deixa chegar tranquilas a casa.
Debemos de deixar de usar a palabra “monstro” para referirnos ao asasino de Diana Quer. Chamase Xosé Enrique Abuín Gey e non “o chicle”. Basta xa de protexer a identidade de asasinos e violadores. É un home, e lamentablemente hai miles e miles como el tan só en España. No 2016 deuse un caso de violencia de xénero protagonizado por cinco homes que violaron a unha moza durante a festa do San Fermín. Estes violadores, chamados “ A manada” afirmaban: “Non foi unha violación porque non se resistiu”. O asasino de Diana Quer dixo que a matou por resistirse a súa violación. Entón, cal é a solución para que non nos maten? Para que non nos violen? 
O numero de mortes por violencia de xénero no 2017 foi de 48 mais outras 4 en investigación, mais moitas outras mulleres que sofren violacións e agresións en silencio. Estas mulleres convertéronse en números, nunha simple cifra que servirá de comparación para anos seguintes. Detrás destes números existen persoas e familias que teñen vida na voz de todas as persoas que gritamos polas que xa a non teñen. Se nos preguntan porque loitamos diremos : Todas somos Diana Quer 

Todas somos Diana Quer

Te puede interesar