INSULTOS (1)

Aludindo ao lamentable episodio ocorrido hai días no Parlamento Galego, é ben sabido que, o que insulta, queda retratado segundo a gravedade do insulto proferido. Chamarlle a alguén “tonto útil” non parece, en principio, un insulto moi grave, pois a fin de contas, o de ser útil pode ser considerado como un tanto a favor; coido que sería peor, ser tachado de inútil, xa sexa tonto ou non e, por aí podería habérselle contratacado ao insultante, sen caer na provocación de devolver o insulto e darlle as grazas pola consideración de útil, cualificativo que non se lles pode aplicar a  moitos dos políticos actuais. Supoño que os analistas xa terán catalogada a intención do insulto que, por suposto, non se lanza de xeito casual, senón que se poderían buscar diversos obxectivos, como: descualificar ao rival, desconcertalo e cabrealo para inducilo a un insulto maior ou, desviar a atención do debate que se está a realizar. Ou se cadra, todo iso e aínda máis?

INSULTOS (1)

Te puede interesar