Balóns fóra (ou dentro)

Quen me coñece sabe das miñas simpatías polo fútbol e da miña querencia polo Racing. Acabo de retirar o novo abono, alén de asociar a meu neto Iago. Foi, xa que logo, por un casual que me cadrou ver na TVG a segunda parte dun partido decisivo para o ascenso a Segunda B entre El Palo –un equipo dun barrio malacitano do mesmo nome– e o Fabril, ou Deportivo B. O conxunto coruñés gañara 4-2 no primeiro partido. Marcou un gol no segundo e todo apuntaba a que o ascenso do equipo coruñés ía ser unha realidade. Mais en El Palo acabou pasando de todo. Cando, finalizando o partido, os de Málaga, nunha xogada de dubidosa legalidade, se puxeron 3-1, en vez do habitual perder tempo botando balóns fóra, que os xogadores tamén fixeron, os siareiros dedicáronse a meter pelotas no campo. Chegou a haber ata cinco. E non pasou nada. El Palo ascendeu e o Fabril a rañala. Isto mesmo fixo onte Rajoy no Parlamento: botar os balóns da presunta e profunda corruptela fóra e meter outros nunca pedidos por ninguén dentro. E que corra o tempo.

 

Balóns fóra (ou dentro)

Te puede interesar