Futuristas

Aínda non rematou de pasar a pandemia do virus “monárquico” (por iso da coroa) e xa os estudosos comezan a dicir que despois disto, nada volverá a ser igual e que haberá moitos e moi importantes cambios en todos os aspectos da vida. É dicir que, segundo os “futuristas”, as aparencias indican que estamos perante a chegada dunha nova civilización, que viría a substituír á era espacial, á da electrónica, á da información, á da tecnoloxía ou a todas as que dalgún xeito significaron unha revolución no xeito de vida. Para os non iniciados no tema, é máis fácil supoñer, que todo seguirá máis ou menos igual: Seguirán a mandar os de sempre e seguirán a pasalo mal os que xa estaban coa auga ao pescozo. Mais en calquera caso, o que si podemos agardar é unha nova maneira de facer política, un novo xeito de distribución da riqueza (entre os ricos, claro), un novo modo de traballar (velaí o “teletraballo”) e non sei eu cantas cousas máis. Pero hai que ser optimistas. Por suposto. 

Futuristas

Te puede interesar