O pequeno anfiteatro político ferrolán

algún xeito, cada vez que penso na actividade política ferrolán, o que me ven á cabeza é aquelas obras dos clásicos gregos que se poñían en escena nos anfiteatros da antigüidade, nos que as máscaras non so servían para facer chegar ó espectador o papel que interpretaba o actor e mesmo o seu semblante reflectía o seu estado de ánimo, senón tamén porque cumprían a función de incrementar o son e, deste xeito, que os máis alonxados poideran escoitalos perfectamente. Caretas, en fin, que ben poderían servir hoxe para vestir as facianas, senón de todos, si alomenos de algúns dos nosos edis; iso si, dos que falan, porque hai moitos aos que non se lles coñece a voz, ou mellor dito, non se lles lembra. Como daquela, o que impera neste Ferroliño é a traxedia e a comedia, que xa deu en coñecer afamados e acreditados actores tal e como vai a cousa.

O pequeno anfiteatro político ferrolán

Te puede interesar