Están que se saen

|

cai uns días o PP volvía a demostrar a súa ideoloxía máis rancia cara a muller o máis ben cara ao ser humano, defendendo a prostitución esta vez por medio de unha concelleira dun povo de Madrid. Esta non se cortou un pelo en darlle a prostitución a categoría de labor social, dicindo que cumpría un servizo pra feos e discapacitados ademais de, xustificar aos consumidores de prostitución preguntándose si sabiamos a situación persoal deles, pra levalos a usar estes servizos.
Primeiro de nada gustaríame dicir, que a violencia machista non so é aporrear a muller. Tamén violencia de xénero é facer o comentario de que Ana Pontón ou calquera outra muller esta necesitada, violencia de xénero é facer unhas declaración como dixo o ex-presidente dos españois referíndose a pariedade nos salarios entre homes e mulleres “no nos metamos en esto que estas cosas no son competencias del gobierno” sabendo que, moitas mulleres ante o mesmo traballo chegan a cobrar un 20% menos que os seus compañeiros varóns, violencia de xénero é non cumprir coas nosas obrigacións no fogar e deixar todo o peso a parella ou violencia de xénero é como neste caso, xustificar a prostitución que hoxe en día, na inmensa maioría dos caos, as persoas prostituídas son mulleres. Neste punto cabe sinalar, que é certo que as mulleres empezan xa dende fai un tempo a ser consumidoras destes servizos. Isto se sabe xa que os pisos nas cidades ou mesmo os anuncios destes servizos cara as mulleres vai en aumento dende fai un tempo. 
Que a prostitución masculina cara as mulleres este en aumento o que quere dicir son dúas cousas; é que cada vez ha mais mulleres que deciden usar estes servizos pra satisfacer unhas necesidades fisiolóxicas básicas e sobre todo, que a muller empeza a desligar o amor do sexo, algo que para este que escribe se mo permiten o lector paréceme bo e necesario.
Máis neste comentario dito por esta concelleira, o que con moita posibilidade se esconde no fondo é un proceso de socialización desde a infancia e sobre todo na familia totalmente machista. Porque non so os homes somos machistas. Tamén ha mulleres machistas, produto exclusivamente da súa socialización dentro do núcleo familiar, reforzada tamén sobre todo hoxe en día por determinados ambientes. Machismo é escoitar a unha muller ante a presencia dun neno co uniforme con algunha mancha por por un exemplo ” esta nai non se preocupa polos seus fillos” como si non tivera pai tamén ou como neste caso, dicir aínda que un de cada tres homes somos potenciais puteros, preguntarse en forma de xustificación se sabemos a situación familiar deles.
É indudábel que a prostitución é un dos maiores negocios do planeta. Soamente no estado español o gasto é de máis de 50 millóns de euros todos os días en prostitución Os estudos demostran que ha cerca de 15 millóns de potenciais clientes varóns e cerca de 400.000 prostitutas en España. Estes estudos conclúen que nos clubs de alterne en España cada prostituta xera cerca dos 50 mil€ ao ano de beneficio. Tamén ha que sinalar que o 98% de ditos clubs os seus propietarios están vinculados a extrema dereita é dicir ao PP. 
Máis tamén ha que dicir, que quen obteñen pingues beneficios con estes servizos, son os meios de comunicación; desde os supostos de esquerdas como o País, ata os “profundamente” católicos como a Razón, con os seus anuncios nas súas paxinas. Estudos dos anos 90 confirmaban que cerca do 13% das mulleres que traballaban o facían neste sector, por detrás do comercio e diante da ensinanza. Poren neste punto teriamos que fazernos unha reflexión; primeiro sinalar a dobre moral da sociedade xa que neste tema a culpábel é a muller, mentres que o home pasa a un lugar escondido, dende o que pode presumir e alardear do consumo destes servizos. Por outro lado a concepción da sexualidade segue a ser diferente pra homes que pra mulleres o que quer dicir, que realmente non avanzamos nada en temas de igualdade de xénero, ademais de que sigue a verse con toda naturalidade e como algo normal, que o home teña a sexualidade de pago a súa disposición a lo largo da vida. 
Xa pra rematar é fulcral como di Ana Pontón, ante un tema demasiado complexo no actuar en base a moralismos, senón que como din no BNG, actuar en beneficio de que as mulleres que ofrecen estes servizos abandonen a marxinalidade e teñan alternativas reais de deixar de vender o seu corpo. Pra iso é necesario xuntar as diferentes correntes xurídicas internacionais sobre este tema, como regular esta actividade sendo o estado quen controle estes servizos; ditando desde controis sanitarios ata normas de orden publico, é fulcral acabar con calquera prexuízo contra as persoas que exercen esta actividade e catalogala como unha actividade profesional máis, cos mesmos dereitos e obrigacións que outro tipo de traballadores. Compre ademais considerar a prostitución como un acto que vai en contra dos dereitos das persoas, neste caso fundamentalmente das mulleres co cal, estase a perpetuar ante todo o patriarcado, a explotación do corpo da muller ect... mais nunca xamais debe penalizarse as persoas prostituídas. Todo isto debe acompañarse de medidas de sensibilización social as cales busquen cambiar a percepción sobre este tema. Medidas que melloren as condicións de exercicio desta actividade, sobre todo acabando coas mafias, regulando esta actividade e ante todo e primordialmente medidas que fomenten o abandono da mesma por parte de quen a exerce.
Ademais compre que antes de isto, se faga unha verdadeira ensinanza nos centros educativos desde idades cedas sobre educación sexual, xa que a educación sexual será o xermolo se queremos cambiar pra mellor, darlle algo de dignidade e de dereitos as persoas que exercen esta actividade.
Mentres tanto sería bo que a certos persoeiros do PP lles puxesen un bozo, pra que deste xeito non desfagan ou pouco camiño andado nestes asuntos tan complexos xa que, estes do PP ultimamente están que se saen.

Están que se saen