Toda a veciñanza da parroquia de San Fiz de Esteiro (Cedeira) recibimos unha carta do párroco Don Gonzalo Varela Alvariño. Nela informa do grave deterioro que sofren os enganches e anclaxes das “nosas campás” e o alto risco de virse abaixo coas posibles catastróficas consecuencias.
O coste da súa reparación acada un orzamento de 4.000 euros. Para conseguilos propón a organización de varias medidas: 1- Reparto do escrito por tódalas casas para información da situación e que se faga saber ós familiares que están fora. 2- Formación dunha comisión para a recollida de aportacións e listas nominais. 3- Apertura dunha conta bancaria. 4- Entregas directas ó párroco. 5-Aportes da Diócese. Sen dúbida unha boa acción de espíritu comunitario, identitario e solidario, ó que cadaquén responderá como crea máis oportuno. Mágoa que o asinante non estivera tan comunicativo hai anos co “noso convento”.