Verdades a respecto das preferentes

A sensibilización social e xurídica acadada pola mobilización das Plataformas de afectados polas preferentes é, quizais, o fenómeno máis notábel deste proceso polo que condiciona as análises xurídicas e as reaccións mediáticas. Porque é moi distinto contarlle a un xuiz a historia dun engano ou erro na prestación dun consentimento na adquisición dun produto financeiro ca inserírllelo nun fenómeno social que atinxe a uns 45.000 aforradores. Polo mesmo, a inovadora e intelixente demanda de clase que presentou Carlos Varela, fiscal superior de Galicia, amosou as moi comúns eivas na prestación do consentemento na maioría dos aforradores atinxidos.

Compre recoñecer que a nova dirección de NCG Banco, precisada de restaurar unha danada reputación, posibilitou unha canle pouco custosa e moi rápida de resolución dos conflitos, como é a arbitraxe de consumo, que se resolve en Dereito dende a Administración galega de consumo. Por Castellano a arbitraxe tería comezado xa hai seis meses, cando non se intensificara aínda a fuxida de depósitos. A responsabilidade deste adiamento é cousa de Feijóo, Almunia e Rajoy-Guindos.

Estaba visto tamén que a UE non ía permitir unhan solución colectiva que non pasara pola peneira da declaración de nulidade, quer judicial, quer arbitral. A durísima normativa de troco promulgada polo Goberno Rajoy avoca ao exercicio da acción de nulidade e as Plataformas e partidos políticos ben farían en recoñecer esta realidade e axudarlle aos aforradores a defender os seus casos perante o Instituto galego de Consumo ou os xulgados competentes.

Semella, por outra banda, que existe unha minoría de varios milleiros de casos moi dubidosos que non terán máis remedio que acodir á vía xudicial individual, por non ter canle axeitada nin na arbitraxe nin na adhesión á demasnda colectiva do Fiscal. De todos os xeitos, moitos destes casos dubidosos acadarán sentenzas civís favorábeis por mor dos graves defectos no proceso de contratación por parte das antigas Caixas.

 

A ARRINCADEIRA

Por se o Código Penal non fose un dos máis duros de Europa, o extremista Gallardón prométenos unha fonda revisión no sentido de penalizar condutas de oposición na rúa e introducir un cárcere perpetuo.

 

Verdades a respecto das preferentes

Te puede interesar