Sempre aparece alguén

Cada certo tempo aparece no panorama político un partido de aspiracións renovadas. Non se sabe moi ben o motivo, pero un luns sae a prensa da capital do Reino titulando a letra gorda que tal agrupación encheu con miles de persoas o tan paseado polideportivo de Vistalegre. Nin sei onde está. Tal foi o caso de Podemos e recentemente, Vox. Todo indica que a Corte necesita de ayudantes ao partido do poder. Así pasou con UPyD, de triste recordo nestes lares pola súa actividade filolóxica, en con Rosa Díez, que enchía papeis y minutos coas súas ideas. O mesmo lle aconteceu a Ciudadanos, chamado Ciutadans antes de que animaran a Alberto Rivera a coller a ponte aérea a Madrid. Tamén ocorreu con Podemos, catapultado no seu día desde o parqué da pista polideportiva capitalina. Vox é o último caso, verase o que dura, pese a que a publicidade venlle feita pola competencia, que non fai máis que nomealo sempiternamente, como o socialista Caballero, Gonzalo, quen só ten palabras para ese grupo político, xa toque falar do paro como da crise da velutina ou da couza guatemalteca. Cando se cansen na capital deles, outro grupo aparecerá. Ao tempo.

Sempre aparece alguén

Te puede interesar