COMO ME SOA TODO ISTO

Passos Coelho, o dereitoso primeiro ministro portugués fixo público que o 17 de maio será a data da saída do programa de axustamento de tres anos de intervención. Este carota ten a desvergoña de dicir que esa data será un día de homenaxe “a cada um de vós, o dia em que a nossa liberdade de decisão foi reconquistada por cada um de vós”, motivo polo que “todos os portugueses estão de parabens” e, xa no colmo dos colmos lembrou os 40 anos da “Revolução dos Cravos”. Para lle dar pompa a esta saída da axuda,  Jean-Claude Juncker, candidato do PPE para suceder Durão Barroso, vai visitar Portugal o próximo dia 17. Mais, como casa isto coa parte do discurso en que Coelho manifestou que  “o caminho até aqui seguido é para continuar”? E como encaixa con que cinco días despois envíe ó FMI a Carta de Intencións que recolle os compromisos que o goberno asume con este organismo. A oposición solicitou coñecer o contido desa Carta, mais dinlle que non se fará pública ata xuño. Esas cousas das reaccionarias dereitas de toda a vida. Outros anuncian barcos.

COMO ME SOA TODO ISTO

Te puede interesar