Semella que estamos vivindo unha situación parecida á de hai máis de dous mil anos, cando os que querían eliminar a Xesús, descargaron en Pilatos a responsabilidade da decisión. Claro que os papeis non son iguais, pois o defunto ditador non se pode comparar co Crucificado, nin a Igrexa Católica representa aos sacerdotes que querían condénalo. Mais hai certo parecido; por exemplo, o Goberno quere cámbialo de sitio e a Igrexa facendo de Pilatos, lávase as mans e di que se amañen entre o Goberno e a familia. Nembargante hai algo que non se pode esquecer, que é a grande culpa da Igrexa Católica nos asasinatos, violacións, roubos e abusos, cometidos co consentimento do ditador a quen apoiaban e levaban “Baixo Palio”. Xa que logo, é o Papa, quen debe pronunciarse sobre o tema do enterro. E o Goberno debería esixir unha comunicación oficial sobre esa cuestión. Porque xa abonda de lavado de mans e de cara. E a familia que decida. Pero non máis Pilatos. Digo eu, claro.