E veña festa...!

Penso que todo o mundo é sabedor e consciente de que a economía mergullada xoga en España un moi importante papel. Hai pouco máis de dous anos que se fixo público o estudo realizado polo profesor Jordi Sardà en colaboración cos Técnicos do Ministerio de Facenda cunhas desoladoras conclusións. Desde o comezo da que chaman crise, foi moi significativo o avance do fraude fiscal: aumentou unha media anual de 15.000 millóns de euros e xa se lle ocultan ao fisco máis de 250.000 millóns. Case nada. E esa desmesurada e moi preocupante cantidade –próxima ao 25% do PIB–, é evidente que procede da suma de grandes e de pequenas cantidades, de todas as defraudadas. Non parece, pois, moi de recibo que alguén despache con un alegre non ter feito “las cosas bien” no dilatado tempo en que tivo contratado un traballador en situación irregular. Fíxoo rematadamente mal. Peor aínda, don Pablo Echenique, é nada menos que un deputado nas Cortes de Aragón e secretario de Organización de Podemos. E, que saibamos, non dimitiu. Serán cousas do código ético...
 

E veña festa...!

Te puede interesar