A espera

stes días son de espera por novas boas para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Parece que, a pesar da tormenta perfecta que están a organizar os ultras e as súas comparsas do PP e Cs, haberá investidura de Pedro Sánchez.
Nestas terras pedimos que todos aqueles asuntos que foron adiados polas “políticas” da dereita por beneficiar á “súa base social”, logren chegar a bo porto. O novo goberno de España debera traernos as F110, unha oportunidade para As Pontes e unha tarifa eléctrica competitiva para a industria.
Fronte ás esperanzas está esa dereita radicalizada, que ameaza con usar a determinados tribunais cuxos xuíces xogan a facer política rancia, para paralizar a acción dun goberno lexítimo. Chegados a ese punto, as e os traballadores deberemos axudar a consolidar a Coalición Progresista e as esperanzas da cidadanía. Será necesaria unha folga xeral contra unha CEOE e unhas dereitas hiperventiladas?

A espera

Te puede interesar