Xa está

en, pois xa temos o cadáver do dictador fora do “Valle de los Caídos”. Iso pode que ferira algunas sensibilidades, poucas penso , porque a inmensa maioría está de acordo en que xa era hora, que alí non debería estar. Hai razóns ben sinxelas que penso non teñen discusión: a primeira é que non é de recibo que víctimas e verdugo compartan sitio e que en democracia resulta indecente que os despoxos de aquel que acabou con ela , estean nun panteón para maior gloria e homenaxe: sen entrar en máis avaliacións que habelas hainas. 
O que xa poño en dúbida é que fose necesario tanta dedicación mediática malia recoñecer que estabamos diante dunha histórica determinación aprobada, por certo, polo Parlamento. ¿Que se puido facer antes? Si, e non penso só nos atrancos postos pola familia que demoraron uns meses a operación, pero ben está que se puidese face malia que fose tarde.  E aínda atopo outra razón para o seu desaloxo do mausoleo que él mandou construír a súa imaxe e semellanza influenciando en arquitectos e escultores para que o construíran ao seu gusto persoal e fose chamado “Valle de los Caídos” :  ¡era un ocupa!, non tiña o rango de caído pois morreu na cama atendido polo seu “equipo médico habitual”. 
Din que naquel osario monumental hai miles e miles de osos correspondentes a máis de trinta  mil corpos moitos sen identificar que foron levados alí sen permiso dos familiares. Son os mortos de segunda pero os outros “caídos por Deus e por España” do bando sublevado si están catalogados. 
En calquera caso todos son caídos incluído José Antonio Primo de Rivera que foi fusilado porque Franco non fixo todo o que estaba na súa man para evitar a execución. Así que o único non caído alí era o ditador e xa que logo non tiña dereito a figurar coma tal nese “Valle de los Caídos”.
Natural que a familia andase alporizada tachando de profanadores de tumbas aos que decidiron sacar de alí ao seu antepasado. Todos eses descendentes estánse beneficiando das prebendas e  latrocinios do seu avó ditador. É natural que estean irascibles. Por outra banda non sei se cantar na rúa a mano alzada o “Cara al Sol” ou “El novio de la muerte” intercalando vivas a Franco e ao golpista Tejero pode ser causa de sanción ou non. Creo que a exhaltación a un ditador e ao réxime que propiciou están prohibidas aquí e noutros países democraticos como Italia, Francia e Alemania, por exemplo. Pero Spain is diferent e aquí postos a poder podemos con todo o que nos boten. ¡Yes very well fandango!

Xa está

Te puede interesar