A voltas coa Unidade Popular en Ferrol

|

A  “Unidade Popular” é un termo tan usado que está perdendo sentido. Significa unidade do pobo, mais cabe preguntarse quen é pobo. É mellor falar de clases desfavorecidas, clases populares... Así cobra sentido que as esquerdas falen da unidade da clase obreira. Dela falan todos, mais parece que ninguén a quere realmente. Está o PSOE, que xa de obreiro ten pouco, logo o BNG, que lóxicamente ten un proxecto netamente nacionalista. E finalmente as supostas mareas. Dun lado Ferrol en Común que é una coalición de partidos na que mandan os partidos, nin máis nin menos, non una candidatura de activistas apoiada polos partidos. Iso era a Marea Ártabra da que se separaron porque querían controlar o tinglado. Está Marea de Ferrol, presentada hai pouco, que se podería ser herdeira da outra marea, mais algunas persoas fan que parezan simples resentidos. Finalmente Actúa, candidatura do ex presidente de FeC, bastante decoñecidos aínda. Os tres necesítanse para asegurar unha victoria e un proxecto real de esquerda que inclúa remunicipalizar servizos como a auga ou o lixo, peonalizar o centro ou abordar a despoboación e a falta de traballo. Precisan de feito polo menos traballar con máis xente de movementos sociais, asociacións e sindicatos se queren que esas reformas saian adiante. 
O programa de Radio Filispim (radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos 93.9 FM) “Directo de Esquerdas”, do que son co-fundador e colaborador habitual fixo un chamado ás forzas da esquerda para que se xunten a falar. Iso é o principal, se cadra axudaría se algunha xente dese un paso a un lado para facilitar as conversas. Penso que sería una excelente idea facer una mesa redonda e falar con honestidade de política real e non de “díxome-díxomes” e rencores persoais polo ben da cidadanía de Ferrol. 
 

A voltas coa Unidade Popular en Ferrol