Promesas

Nas nosas comarcas non todo o uso do monte é unha aposta exclusiva do cultivo do eucalipto. Existen tamén  parcelas alternativas adicadas a outras especies. Nesta primavera visitamos un deses oasis arbóreo cheo de cerdeiras.
Tras contemplar a prolífica floración deste ano o meu acompañante comentou : “Si dan todo o que prometen será unha boa colleita”.O verán dirá.
Doutras promesas, políticas,sobre a prioridade dos servizos sociais no ámbito municipal xa podemos facer balance.Tras dous anos de goberno, concellos de variado tamaño e signo resaltan negativamente en dous  indicadores : 1-Falta de cobertura das baixas das traballadoras  sociais, quedando a veciñanza incluso meses sen profesionais de referencia.
2-Existencia de centos ou miles de horas sen aplicar da lei de dependencia, provocando o continuo incremento das listas de espera. En dous anos os “mercados” esixirán millores colleitas.

Promesas

Te puede interesar