Traballo e transporte

|

Dicía un entendido na materia, que había que desbotar a idea de ter un traballo “para toda a vida”, pola situación cambiante das actividades produtivas. Eu engadiría que habería que desbotar tamén, a idea de ter un traballo preto da casa. E xa que logo, xurde a necesidade de dispor dun medio de transporte axeitado para o desprazamento diario desde a casa ao traballo. O ideal sería un transporte colectivo, cómodo, rápido e seguro, pero, cantos traballadores poden dispor dese sistema? Estando os centros industriais fora dos núcleos urbanos, parece indispensable contar cun medio propio para usar no traxecto e no horario que as circunstancias particulares esixen, cousa pouco doada para un transporte colectivo. Aínda asumindo que son necesarias medidas ante contaminantes e de aforro enerxético, hai que recoñecer a grande utilidade do coche propio ou a moto, xa que a bicicleta, non é cómoda, nin rápida, nin segura, nin pode ser usada por calquera. Parécevos? 

Traballo e transporte