#RosaliaTe

Foi a etiqueta escollida pola Asociación de escritoras e escritores en lingua galega para conmemorar o 24 de febreiro pasado o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Eu souben dela a través d’O Leo, queridísimo amigo de Matamá (Vigo). Músico, poeta, cantautor, creador de palabras... un fervellasverzas con moito maxín.  E, pásmate Mariquiña!, se Rosalía volvese nacer tería que seguir denunciando a falta de igualdade entre homes e mulleres. Gosto inmenso do poema titulado “Xan”, polo que ten de subversivo e provocador,  pero creo que aquí paga a pena reproducir unhas palabras menos coñecidas que a poeta escribiu con 21 anos: “no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne. [...] Yo soy libre. Nada puede proteger la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino. [...] Los remordimientos son la herencia de las mujeres débiles” (Lieders, 1858). 

#RosaliaTe

Te puede interesar