OS SIPAIOS

A estas alturas xa é difícil saber o que é En Marea para Galicia no Congreso. A sopa de letras cada vez está máis revolta, xa que o conglomerado hispano galaico vendeuse por aquí con aura nacionalista, aínda que integrada por internacionalistas, despois pretendían un grupo parlamentario, sen finalidade clara, e agora unha parte do cocido volverá ao españoleirismo. Por moito que digan que non, iso de ter algo de mando en Madrid fará que a autoproclamada non estea por desperdiciar momentos de gloria no hemiciclo madrileño. Un sector do nacionalismo autóctono deberá reflexionar polo feito de seren os artífices de catapultar a una forza residual ás máis altas esferas da política estatal. De seguro que haberá quen se recorde dos sipaios, palabra que empregaba Beiras para referirse aos mercenarios políticos galegos. Hai que aplicarse o símil. 

OS SIPAIOS

Te puede interesar