Valentes, intelixentes e ben preparadas

gora, a partir deste Goberno que preside o socialista Pedro Sánchez, as mulleres poderán demostrar que son tan intelixentes coma os homes – eu non o dubido -e que poden chegar onde nós chegamos, que tampouco é para moito presumir.
Confío que neste goberno, no que por primeira vez na historia do país participan máis mulleres que homes poidan demostrar -agardo non lles poñan atrancos por seren mulleres -a súa valentía e a súa preparación para gobernar e participar nun goberno de Estado, autonómico, ou municipal.
Para os homes, é o noso deber, deixar o menosprezo, tantas veces a envexa, alí onde a fonte do esquecemento, xa, dado que non fomos capaces de facelo durante centos de anos, dende a era cavernaria.
Vai sendo hora en que pensemos coa cabeza e non con outra parte do corpo. É hora de que homes e mulleres, mulleres e homes, as persoas en xeral, traballemos unidos, no fogar, na ciencia, na política, nas empresas e en todas as facetas da vida, para que, unidos, poidamos conseguir unha sociedade igualitaria, máis culta e mellor preparada, que nos leve cara unha colectividade máis integrada e máis feliz.
Non estou en contra da cota electoral igualitaria entre homes e mulleres, anque tampouco, creo eu, sería grave problema se así non fose, como sucede neste actual goberno no que hai máis mulleres que homes.
O importante é que as persoas sexan intelixentes, preparadas,  con moita vontade e capacidade para desempeñar o cargo para o que foron elexidas.
É necesario eliminar privilexios. Ningún político debe ter beneficios por riba dos outros cidadáns. Nin sobres en negro (nin noutras cores), nin 3%, ou outras porcentaxes que algúns “políticos” canallas estableceron fora de lei, para facerse ricos co diñeiro de todos. Diñeiro que a Xustiza debe tratar de reintegrar ao pobo. Onde está o estafado, o mal empregado, o roubado. Non debera ser  tan difícil sábelo se houbera interés e máis axuda á policía, aos xuíces e aos fiscais.
Moitos casos prescriben ao transcorrer o período de tempo establecido pola lei, veces por falta de recursos, que non hai dúbida faltan para poder facer as cousas ben, e outras, como pensamos os escépticos, por intereses do poder económico-político.
Con este novo goberno de maioría femenina, do que me alegro por homes e mulleres -ía sendo hora que elas ganaran algún marathón - pero moito máis me alegro polo conxunto dos españois; a ver se a partir de agora as cousas melloran, non só para os máis ricos.
Sen dúbida o presidente Pedro Sánchez deu un exemplo, non só a España, por confiar nas mulleres que veñen pisando forte e pedindo paso para demostrar a súa valía, neste caso no goberno do país, e de seguro que o farán ben practicando unha política honesta, intelixente e democrática.
Este novo goberno terá que fíar con fíos grosos de aceiro, xa que hai moitas feras que practican a política rastreira e intentarán poñerlles a cambadela, cepos nas rodas, e por medios ilícitos e antidemocráticos disparar dende os parapetos. Incluso, dende posicións amigas.
Difícil é crer que en pleno século XXI vivamos dentro dunha sociedade con ideoloxía e comportamento machista, na que non se acepta a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Con estas ideas, cara onde camiñamos. Que seríamos sen elas?r. 
 

Valentes, intelixentes e ben preparadas

Te puede interesar