Aínda estamos a tempo

|

Este 22 de abril celebrase o día mundial da Terra. Un planeta Terra ao cal os humanos dos países mal chamados desenvolvidos, estamos asfixiando por mor do noso sistema de vida. Estamos nun momento histórico onde a humanidade e a demais vida do planeta, enfrontamonos ao maior desafío desde a extinción dos grandes dinosauros mais esta vez, esa posíbel extinción da vida no planeta, vai ser provocada por nos mesmos. 

Fai unhas semanas unha rapaza sueca fixo que con a súa protesta todos os venres diante do parlamento do seu país, organizase en todo o mundo un movemento de mozas e mozos pra denunciar, que eles cando sexan as clases dirixentes non van a ter tempo de mitigar e paliar o cambio climático. E están no certo. Soamente quedan máis ou menos entre 10-15 anos, pra que o aumento das temperaturas non suban por enriba do grado e meio xa que, unha subida superior suporía serios problemas pra vida no planeta. Mais parece que os nosos gobernantes non están polo labor e a avaricia e cobiza duns poucos, ese 1% da humanidade, impón as súas decisións a pesar que van contra a propria vida. Xa o dixo Obama, que pra loitar contra o cambio climático prioridade a tecnoloxía. Máis non e unha tolemia pensar, que a tecnoloxía chegara a onde chegue e a teremos vai vostedes a saber cando. E poño un exemplo: Cando apareceron as centrais nucleares polos anos 50 do século pasado máis ou menos, os residuos nucleares eran un problema e tamén se dixo, que a tecnoloxía daríalle unha solución. 70 anos máis tarde, os residuos nucleares seguen a ser un serio problema e hoxe en día a tecnoloxía, non lle deu unha solución e posibelmente nunca a de. E van a ser os estados que están na zona do mediterráneo, os que máis sufran os problemas do cambio climático, mais tamén son estes estados, os que máis posibilidades teñen de reducir en un tempo corto a súa dependencia dos combustibles fósiles e a posta en funcionamento das enerxías renovables, debido as súas condicións climáticas.

Mais ademais do exceso de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro na atmosfera, tamén nos enfrontamos a desafíos como a deforestación dos nosos bosques, algo que tamén incide no cambio climático. Uns bosques os cales, son esenciais na vida no planeta Terra. Bosques que aportan servizos sistémicos básicos, como formadores de nubes e reguladores das precipitacións, recargan as augas subterráneas, purificadores das augas, frean a degradación do chan e o revitalizan, captadores de CO2 e mantenedores dos caudais hídricos nos tempos de verán, ademais de ser lugares onde se concentra unha grande biodiversidad, onde millóns de persoas humildes no planeta encontran desde biomasa pra quentar o auga o cociñar os alimentos, ata comida de todo tipo. 

Mais a deforestación esta a facer que para o 2050, a metade dos bosques do planeta haxan desaparecido. E aquí tampouco teremos quer tecnoloxía quer cartos, pra paliar a súa desaparición. Porque o noso planeta do que se diferenza de outros planetas do sistema solar, son os ecosistemas que posuímos. Sen eles non seríamos máis que Marte ou VenusII. 

Outro dos grandes problemas que van a ter de herdanza os nosos netos, vai ser a contaminación dos océanos. Os científicos xa alertaron que dentro de 20 anos teremos máis plástico nos mares que peixes. Preto de 7 millóns de toneladas de lixo van directamente ao mar todos os anos, dos cales cerca do 75% corresponde a plásticos. Deste plástico preto do 70% queda no fondo mariño, 15% flotando no mar e o outro 15% depositase na costa cos temporais. Plásticos os cales xa formaron 3 grandes illas no Océano Pacífico, unha delas do tamaño de Alemaña, Francia e a Península Ibérica xuntas. 

E aquí tampouco termos tecnoloxía nin se espera polo momento, pra recuperar este lixo. Este lixo co  clima e o auga, degradase en micro-plásticos os cales, son inxeridos polos peixes e poden pasar aos humanos ao inxerir estes. É indubidábel que esta cantidade de lixo vaia aos nosos océanos todos os anos, so indica a mala xestión que facemos dos residuos en terra, máis compre sinalar, que o plástico como outro tipo de refugallos, debe desbotarse a súa produción xa que, unha gran cantidade do que se usa sobre todo o de película fina é na maioría dos casos totalmente innecesario. Compre dicir, que unha cana das que usamos pra absorber unha bebida, seu uso dura uns 5 minutos, mais tarda 50 anos en degradarse

Poderiamos falar de moitos máis desastres ecolóxicos que estamos a cometer no planeta por mor do noso sistema de vida o cal, ha que dicir, que nos foi imposto polo capitalismo. Porque este sistema económico que nos esta tocando vivir, é especialista en crear hábitos, en crear produtos totalmente innecesarios e facer que as poboacións se volvan dependentes deles. Hoxe en día, xa non ha que falar da obsolescencia programada, senón tamén da obsolescencia percibida, na que desbotase produtos útiles quer por moda quer por que saen produtos novos. Tamén compre dicir, que en moitas ocasións pra conseguir determinadas materias primas, estamos a destruír paraxes de moito mais valor económico, que o diñeiro que produce a venta de dichas materias primas.

Por todo isto, é fundamental que as persoas tomemos conciencia do desastre meio ambiental no que estamos a meter, as futuras xeracións en nome dun falso progreso. E aínda que a responsabilidade de frear isto, a ten os nosos gobernantes, actos tan simple como comprar bebidas que veñan en cristal, levar os nosos recipientes as carnicerías e peixerías, apagar o motor do carro nos semáforos, o mellor desprazarse en transporte publico, vehículos non motorizados o a pé, prioridade a compra de produtos a granel ou aqueles produtos que veñan en envases de papel, consumir as froitas e verduras de temporada e locais, peixe das nosas costas e prioridade a compra de carne de porco e ave en vez de xato, mercar produtos locais, vivir con menos máis con dignidade algo que, as próximas xeracións tocaranlle queiran ou non queiran ect..., son pequenos detalles, que poden ser un gran paso, cara outro xeito de estar neste mundo.

Aínda estamos a tempo