PIRÁMIDE

No ano 1911, unha revista norteamericana, a “Industrial Worker”, publicaba un debuxo representando a pirámide do sistema capitalista (Pyramid of Capitalist System) que estaba composta por unha base e cinco plataformas ou andares. Na base aparecían homes, mulleres e nenos que soportaban no seu lombo o peso de toda a estrutura; no primeiro andar estaba representada a burguesía comendo e bebendo;  no segundo aparecía a representación das diversas forzas armadas; no terceiro estaba o clero nas súas diferentes crenzas; no cuarto estaban as monarquías e os políticos; e enriba de todo unha grande bolsa co símbolo do dólar.  A día de hoxe, algo máis de un século despois, cun impresionante avance científico e tecnolóxico, non parece que a cousa teña mudado moito no noso país. Quizais a burguesía subiría un chanzo, pasando por enriba dos militares, e o clero estaría máis preto da monarquía e os políticos, pero o pobo traballador segue cargando con todo o peso.    

 

PIRÁMIDE

Te puede interesar