Pacto de silencio

Imaxinen a Trump pronunciando o paternalista discurso de Acción de Gracias cargando contra os negros cunha foto de Malcon X morto ás costas. Como cren que o interpretarían os negros? 
Agora pregúntense como deben interpretar os nacionalistas cataláns e galegos o discurso de fin de ano do presidente da Xunta, que decidiu cargar contra eles coa imaxe dun nacionalista asasinado ás costas. Que deben intuír do discurso de Feijoó con Bóveda morto de fondo? Quizais o mesmo que suxeriu o Master do universo e actual presidente do PP cando lles lembrou aos cataláns como rematou Companys?  
Porque en Galiza a represión se construíu sobre pactos de silencio con mensaxes mudos que demostran que o problema xa non reside na hipocrisía das palabras ou no uso torticero de símbolos como o cadro de Castelao. O problema son as mensaxes explícitas e implícitas de sectarismo, intolerancia e matonismo. O problema é gardar silencio, porque hoxe xa non lles chega con que os débiles permanezamos calados. E senón que llo pregunten ao mimo de A Coruña.

Pacto de silencio

Te puede interesar