Corruptos con pedigrí

Breve destino o dos homes,
cando o destino
e unha triste canción de amor.

Por mal camiño imos cando deixamos aos raposos coidar das galiñas. E cando permitimos que “chourizos”, “salchichós” e “mortadelas” nos dean leccións de ética e xustiza.
“Vamos a elegir a los mejores y vigilarlos como si fueran los peores”. “España va bien”. “España nos roba”. “No eran pelotas de goma, eran tapones de botellas de champán”.”Ya pasamos el cabo de Buena Esperanza, adiós tormentas”. Érache boa. Fábulas, contos, mentiras porcalleiras!!
E aqueles, asoballadoras e chulescas frases, saídas de viles, emporcadas e fétidas bocas:”Para que no haya control sobre lo público que los gobiernos, los sindicatos y la patronal coloquen a sus elegidos en los grandes grupos económicos, de esa manera los tendremos a todos comiendo en la palma de la mano”. E ben que comen.
A partir de agora teremos que traballar máis e cobrar menos. Apretar o cinto, senón España afunde. Que se fodan, e “Mira el aeropuerto del abuelo”. Hay que controlar a los trabajadores para que produzcan más. A máis producción máis ganancia, máis diñeiro, máis onde poder roubar. (Pensamento dos honorables).
Para máis INRI a crise do Ébola. Estamos ante un grave problema sanitario mundial, que xa tocou o noso país, e que ata que saíu fóra de África (a explotada e esquecida) pouca xente falaba de epidemia.
Nin políticos, nin xornalistas, nin gobernos de ninguna cor, nin as grandes empresas farmacéuticas sabían da dor de tanta xente (África non compra) ata que lle viron as orellas ao lobo.
Só os valentes e humanitarios voluntarios e voluntarias que loitan expoñendo as súas propias vidas neses países aos que a miseria lles roe as entrañas – motivado á esclavización e saqueo que multinacionais e gobernos propios e extranxeiros someteron durante moitos anos – traballan con poucos medios económicos e sen unha eficaz seguridade, pero cun corazón de seda coma a copa dun piñeiro de cen anos, para salvar vidas e que esta enfermidade quede controlada, e a poder ser erradicada.
Anque penso que mentres non erradiquemos as outras epidemias coñecidas coa nomenclatura avaricia e deshumanización, pouco se pode facer. E aquí, na nosa querida España con gobernos consentidores de verdadeiras canalladas, con persoeiros farsantes e inmorales que levaron a embarcación común e ter a auga á altura da cuberta principal.
Políticos, patronal e sindicalistas, que na vez de servir ao pobo, sérvense a si mesmo. Deberan, xa, caer medallas e cargos. Ídevos á casa indesexables.
Os “Presis”, saben. Facenda, sabe. Xustiza, sabe. Intentan, eso si, facer súa a frase do sabio Sócrates: Só sei que non sei nada. Pero o gran filósofo grego maestro que foi, entre outros, de Platón e Jenofonte ía por outros camiños.
Os da intelixencia que xuntaban cos da tolerancia, a humildade e a honestidade. Encrucillada de camiños á que aos nosos gobernantes lles custará chegar.
Sen dúbida hai políticos, empresarios e sindicalistas honrados. Os meus respectos e consideración. O que é difícil dixerir é porqué moitos cando consiguen cargo cámbialles o “chip”, e o intelecto, ou ben lles vai á billeteira directamente, ou desaparece cando tiran da cisterna do retrete na primeira defecación oficial.
A España de pandeireta é tamén agora de tarxeta opaca para corruptos con pedigrí. Acusábannos de vivir por riba das posibilidades. Eles, que rouban diñeiro a paxes.
Diñeiro que daría para benvivir todos. Canto indecente, farsante, miserables inmundos camuflados baixo a “Marca España”!!
Para cando amigo Sidre, se desprenderán das obscuras lentes e caretas para verlles  a cara de repugnante cinismo. Para cando diexarán de desplazar as súas responsabilidades á casa dos veciños? Daranse conta que a súa cotía farsa algún día póidalles encher a boca de bosta e que anque sobrados de prepotencia, son susceptibles de que unha gaivota amiga lles evacúe nas costas…
Distinguida dúbida, espello trasparente no que se peitean sombrizas e omnipresentes nubes, que incesantemente loitan entre o ser e o non ser. Que será de nós, daquela que a Lúa sestee toda a noite e deixe de alumar o camiño da felicidade?

Corruptos con pedigrí

Te puede interesar