Eutanasia

Seica o tema da eutanasia volve a estar na primeira liña dos debates, pois aínda hai xente que acredita na incrible defensa dunha vida indigna, malia que se fale dunha vivenda digna, dun traballo digno, dun soldo digno, e se defenda o dereito a unha vida que ninguén desexa. No que respecta á despenalización, coido que é un tema secundario porque, por unha banda, o sistema de coidados paliativos pode resolver o problema axeitadamente, e por outra, non creo que lle preocupe moito a unha persoa que se vexa na difícil situación de tomar semellante decisión. Se eu me vise nese trance, o que menos me preocuparía sería o cárcere. E no aspecto relixioso, nunca aceptarei a definición de un Deus, ao que poda agradar o sufrimento dos seus fillos. Mais parece que hai a quen iso lle encanta, cando padecen outros. Por iso, sigo pensando que, defender a vida por que si, sen reclamar a dignidade para esa vida, só é un alarde de hipocrisía. Desde logo, caridade non é. Digo eu, claro.

Eutanasia

Te puede interesar