Deixo aquí a miña admiración ao bispo pobre e dos obres, pastor exemplar, poeta e teólogo da Liberación, Dom Pedro Casaldáliga, nesta lembranza no día do seu pasamento polo moito que me ten aprendido no seu pastoreo evanxélico. Natural de Basareny, al lado del río Llobregat, Barcelona, o ano 1928. “Ordenado de sacerdote o ano 1952, actuei de cura, escribín na prensa, dirixín con compañeiros a revista “Iris”. Logo despois do Vaticano II vin de misioneiro para o Mato Groso, no centro do Brasil. O ano 1971 fun consagrado bispo da diocese, ou prelatura, Sâo Félix do Araguaia, ao pé do río do mesmo nome, a máis grande do Brasil, 150.000 km2 [máis de 5 Galizas]. Os seus habitantes na súa maioría son indíxenas moi pobres”.
Tocoulle enfrontarse aos anos máis duros, “anos do chumbo”, da ditadura do Brasil (1964-1985). Ao pouco tempo xa comezou a sufrir ameazas dos terratenentes e do réxime militar. Entre outras desgrazas dos seus campesiños, no 1977, asasináronlle ao seu vicario Joâo Bosco, por sicarios que o confundiron co propio Casaldáliga. Neses momentos recibiu apoio da Santa Sede, especialmente de Paulo VI.
“Un día un coronel indicoume con agresividade “que a Igrexa coidara das almas”. Eu retruqueille que se vira algunha alma andar por alí, por aqueles campos e camiños”. Afortunadamente na Igrexa de Xesús despois do Vaticano II volveuse a unha evanxelización sen dicotomías. A Teoloxía da Liberación aplica o Evanxeo á realidade histórica, e mándanos que leamos o cap. 25,31 de San Mateo, e O Bo Samaritano de San Lucas, 10,29”.
Cóntanos el mesmo a súa amizade con Oscar Romero. Concretamente fai memoria nos últimos días do seu amigo: “Cando Mons. volveu de Roma, chorou. Foi moi pouco comprendido en Roma. Jon Sobrino escribiume unha carta pedíndome que lle escribira porque estaba moi magoado. Cando me chegou carta de Jon, monseñor xa era mártir. Foi daquela cando escribín o poema “San Romero de América, pastor y mártir”. Un grupo de bispos brasileiros, e tamén Méndez Arceo e Samuel Ruiz, mandarámoslle un telegrama felicitándoo pola carta que lle escribira a James Carter. No último día da súa vida escribiu outra carta respondéndonos ao telegrama. As derradeiras palabras da carta son: “siéntanme estrechamente unido en...el triunfo de la Resurrección”.
Cando Vicente Couce e súa dona Sabela regresaban de Nicaragua non esqueceron traernos un agasallo de Pedro Casaldáliga: “Missa da Terra sem Males”, que mesmo acababa de saír do prelo. Comprende a celebración no 1978 do “Ano dos Mártires”: O CIMI -Conselho Indigenista Missionário- achou que era de justiça que nâo se celebrasse apenas de tres jesuítas mártires no 1628, porque os mortos eran muitos mais. Uns e outros, Mártires da causa Indígena. A Cruz no meio deles todos. Aqueles, morrendo pelo amor de Cristo. Estes, massacrados “em nome” do Cristo e do Imperador de España e Portugal”. Os pobres desta terra/ queremos inventar/ essa Terra-sem-males/que vem cada manhâ.
Casaldáliga nunca saíu de Sâo Félix e do Brasil, a non ser a El Salvador no cabodano de Oscar Romero e as viaxes a Roma, a Cuba e a Nicaragua, cos seus proprios obxectivos. A Roma para manter os lazos da colexialidade episcopal sem faltar as reprimendas da curia e do Papa e as súas crítica á Curia. A Cuba para ao mesmo tempo que condenaba o inicuo bloqueo dos EE.UU, solidarizarse coa Cuba de Fidel: “con el Evangelio hecho vida e historia, tú y yo podemos muy bien ser al mismo tiempo creyentes y ateos. Ateos del dios del colonialismo y del imperialismo…Y creyentes del Dios de la Vida y la Fraternidad universal”. A Nicaragua para solidarizarse coa vitoria Sandinista e a Igrexa de base denunciando a política de aberta agresión militar e económica que sufre Nicaragua por parte da Administración norteamericana; e doéndose a Xoán Paulo II da dureza coa que tratou a este pobo.
E remato coa testemuña de Leonardo Boff: “...quando olhamos para trás e consideramos décadas do século 20 e início do século 21, iremos identificar uma estrela no céu da nossa fé, brilhando, depois de ter parado nuvens, escuridão e tempestades: é a figura simples, pobre, humilde, espiritual e santo de um bispo que, estrangeiro, torna-se compatriota, distante torna-se vizinho e vizinho torna-se irmão de todos, irmão universal: Dom Pedro Casaldáliga”.