Benvidos I

As boas noticias hai que celebralas, porque na nosa cidade non abondan. Celebremos pois a chegada deses sete millóns destinados para a recuperación de Ferrol Vello. Mercar casas vellas e rehabilitalas, parece unha boa idea; benvidos pois eses cartiños, malia que non viñeran para unha importante parte do patrimonio do noso Concello. Porque aquí se cometeu un dos maiores despropósitos urbanísticos: derrubouse o edificio do “Bambú Club” para satisfacción daqueles que dixeran: “El Bambú caerá por coj....”. Desaloxaron o edificio co pretexto dunha “ruína inminente”, que foi desmentida despois por un Arquitecto Perito Forense. E había consignación orzamentaria para a súa rehabilitación, pero aquilo era o principio dunha grande especulación, cunha trama política, económica e mediática. Dez anos despois, aquel robusto edificio que segundo eles estaba caendo, precisou varios días e potentes máquinas para derrubalo. E por fin caeu, vítima duns intereses espurios. Así foi.

Benvidos I

Te puede interesar