O amor tamén pasa por dificultades. É posible que non tanto ese primeiro amor, esa paixón do descubrimento pero si o amor sereno que conforma unha compañía vital. O espazo que ocupan as urxencias na situación na que nos desenvolvemos limita o aire dos amantes. Vexo parellas pasar polo despacho do noso grupo municipal buscando apoio. Moitos son novos, o que debería ser ilusión simplemente é desespero. Fálase pouco das cuestións do corazón en política pero sempre que os vexo non podo evitar unha melancólica tristura como fondo de acompañamento á rabia das inxustizas que me encontro. Limitaron as nosas expectativas en todos os aspectos da existencia, esa é a verdade. Póñennos máis difícil ser felices. Non é cuestión de ser ambiciosos, o imprescindible para articular un proxecto en común parece en moitos casos inalcanzable. Non nacemos para sufrir, eu reivindico o pracer na vida. Malos tempos para a lírica... dicía a canción.