Aqueles anos

A educación e formación nunca estivo moi presente entre as prioridades dos seres humanos de por aquí, que eran máis dados á instrución militar, por suposto, como forma de comer quente varias veces ao día. Así que para fuxir da fame só quedaba a uniformidade da milicia armada ou eclesial.
Algúns daqueles elementos que vestiron de negro relixioso tiñan licenza gobernamental para impartir docencia nos niveis básicos do ensino, pero o único que impartían eran ostias a un e a outro lado dos corredores sen salvar a ningún ocupante de pupitre, como émulos do Urtain e do Perico Fernández da época até facer sangre nos pupilos.
Había algún sacerdote docente que tiña tal habilidade en abrir crismas que implementaba a forza de choque dos seus puños axudado polo taco de madeira do borrador do encerado habilmente oculto entre a man cerrada. Anos máis tarde souben que existían os puños americanos, pero moitos xa probáramos a súa versión low cost.

Aqueles anos

Te puede interesar