Ollo

|

Os ollos son fiestras abertas ao interior do noso corpo,que nos permiten mediante técnicas de observación do seu fondo (retina), detectar diversas alteracións e doenzas.
Non existe outra entrada tan accesible para poder vernos internamente dun modo directo e natural. Entre as enfermidades xerais que se poden diagnosticar temos a diabetes, hipertensión, neurolóxicas e patoloxías oculares. A retinopatía é a técnica para obter fotos en cor da retina, e o instrumento necesario para tal fin denominase retinógrafo. Nalgúns centros de saúde das nosas comarcas teñen e utilizan profesionalmente este aparello para dar unha millor calidade de servizo á cidadanía. Noutros, como o de Cedeira, leva tempo empaquetado, sen uso,a punto de perder a garantía e na espera de cualificación de persoal. O Sergas ademáis de desperdiciar recursos segue creando doentes de distinta categoría segundo a zona de residencia.

Ollo