Puntería

Non quería opinar sobre o xuízo  dos políticos do “procés”, pois coido que é un tema moi delicado, no que é indispensable ter coñecementos legais, que non están ao alcance de calquera. Mais mira por onde, lin neste xornal un pequeno comentario dunha señora, tan chea de razón e de lóxica,  que me fixo matinar no asunto. Explícome: Seica os cataláns separatistas alegan na súa defensa que “votar non é delito”; a primeira vista semella que teñen razón, mais a señora en cuestión contraataca dicindo que: “O sexo tampouco é delito, agás se se fai á forza”. Ou sexa, o voto e o sexo, han ser debidamente consentidos e autorizados, pois se non, hai violencia; e a violencia si que é delito. Non sei o valor legal que pode ter ese razoamento, máis en calquera caso, a señora demostra ter unha excelente puntería. Muller tiña que ser. Como moitas outras que saben denunciar onde están as lacras desta corrupta sociedade. Hoxe brindarei por elas. Abofé que o merecen ben. Digo eu, claro.

Puntería

Te puede interesar