APÓSTROFOS

Para Xesús Alonso Montero, colega, camarada e amigo
Teño no meu atril as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aberto pola páxina 39, onde se fala do uso do apóstofo. Dise literalmente: “No galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo (‘), aínda que se admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia do galego oral ou dialectal: n’é verdade, n’o fixen, ont’a noite”. E continúa: “Poderá usarse tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en: o argumento d’A Esmorga; iso está n’Os Eoas”. Nada se fala, como é notorio, da utilización do apóstrofo cando se trata de topónimos que van precedidos de artigo. Debe entenderse, xa que logo, que non é normativo, correcto. Vén isto a conta porque hai uns poucos días recibín un convite –cousa habitual– da “Agrupaçom Cultural O Facho d’A Corunha” e reparei, cousa na que nunca antes o fixera neste uso indebido do apóstrofo, mesmo no ámbito lusófono ó que manifestamente se adscribiu hai ben anos a benemérita institución cultural coruñesa.

 

APÓSTROFOS

Te puede interesar