Cando a demografía o di todo

gundo un estudo do INE o país galego perderá uns 180 mil habitantes nos vindeiros 15 anos, ou sexa un 6,8% da poboación. Evidentemente esta evolución regresiva responde a que se manteñan as tendencias das últimas décadas, tanto no aspecto económico como político. En poucas palabras, son perspectivas que esnaquizan o discurso triunfalista do Presidente da Xunta de Galiza, reflectindo con toda claridade que as políticas desenvolvidas non son as axeitadas, cando as hai, porque no esencial só se intenta aplicar co máximo rigor as decisións de Madrid e Bruxelas. Neste aspecto somos un exemplo, e así nos vai. Obviase que a subordinación en materia política non fai máis que dar folgos ao carácter subalterno da nosa economía na cadea de valor, e polo tanto da creación de emprego, nos salarios, etc. alentando a emigración da mocidade a baixa taxa de natalidade.
Unha realidade que contrasta co medre demográfico que terán Madrid, Baleares, Canarias, Cataluña, Navarra e outras autonomías, e mesmo co estancamento no País Vasco. Só Asturias, Castela León, Estremadura, sufriran un recuar semellante ao noso. Vexase que nalgúns casos son territorios sen costa, mesmo con provincias na área metropolitana de Madrid, e noutros non posúen as potencialidades agrícolas, pesqueiras, forestais e de enerxía de Galiza. Mesmo así, sería lóxico que houbese plans que garantisen a todas un equilibrio territorial. 
No caso do noso país non se pode ignorar que este retroceso é continuo. Que é responsabilidade das políticas dos partidos galegos de ámbito estatal. Que calaron diante do proceso recentralizador de competencias, como a Loapa e a Lei de Unidade de Mercado, de que o sistema de transporte estea centralizado en Madrid, e que as medidas que se toman poñen o acento exclusivamente na globalización neoliberal e na produción de escala. Sei que hai iniciativas que aproveitan  as capacidades humanas e as potencialidades para desenvolver Galiza, porén as excepcións non fan a norma. 
Sen máis poder político propio é imposíbel potenciar a economía dacordo coas necesidades, abonda con ver o ligado que están ambos conceptos na confrontación entre potencias. Sen blindar os sectores estratéxicos e dar pulo as empresas máis dinámicas, sen desenvolver todos os recunchos de Galiza e conseguir expandir o tecido económico ao norte de Portugal, zonas próximas de León e Asturias, creando un forte polo do noroeste, ímolo ter difícil para xerar máis emprego (digno) para reverter o retroceso constante da demografía e o noso peso no mundo. 

Cando a demografía o di todo

Te puede interesar