Ensino e política

sistema educativo, por ser un importante elo na organización da Sociedade, segue sendo un dos principais problemas en España. Pois que todos os partidos políticos teñen como obxectivo prioritario a propia supervivencia, xa que logo, a educación consonte á súa ideoloxía, é indispensable para a súa ambición de acadar o poder. Mais a dificultade está en monopolizar o adoutrinamento, pois cada partido tenta de tirar da “brasa” do ensino, para a súa particular “sardiña” política. Así, prodúcese unha auténtica guerra de plans educativos, cada vez que hai un cambio de Goberno. Por outra banda, non hai que esquecer que os mestres, profesores e catedráticos, son persoas con todo o dereito a soster a propia ideoloxía, podéndose producir unha liorta interna, entre o que se “debe” e o que se “quere” ensinar. O ideal sería atopar un sistema educativo o máis “aséptico” posible, aceptado por todos e imparcialmente impartido polos ensinantes, cousa que, a simple vista, non parece moi doado... 

Ensino e política

Te puede interesar