Redes sociais

eica iso das redes sociais converteuse nunha tribuna perfecta, para quen queira participar expoñendo as súas ideas, aínda que sexa para destruír, trocando as redes en “insociais”. Non lles serven as asociacións de todo tipo dedicadas a axudar, aportando ideas e traballo para mellorar todo o mellorable. Non, iso queda para os demais, pois a esta caste de participantes negativos, coñecidos como “pa-contrarias”, gústalles amosar a súa intelixencia levando a contraria a calquera iniciativa que non coincida coa súa estraña estrutura mental. Eis o caso, entre outros, dos que negan a presenza do virus “monárquico” e rexeitan as medidas preventivas para tratar de impedir a súa proliferación. Coido que a súa teimosía pode pasarlles factura como lles pasa aos incrédulos do santo Andrés de Teixido; é dicir, que os que non cren nese virus cando vivos, han ter que crer nel despois de mortos, aínda que para eles xa será un pouco tarde. Penso eu, claro. E por  se acaso, a San Andrés xa fun de vivo. Pois si.

Redes sociais

Te puede interesar