Este 17 de avril, celebrase o día internacional da loita labrega. Un día que ven precedido polo 17 de decembro do 2018 no que “A sesión 73 da asemblea xeral das nacións unidas en Nova York, adoptou a declaración das nacións unidas sobre os dereitos das-os labregas e outras persoas que traballan no rural”.Un rural que en todo o planeta está a sufrir o envite do neoliberalismo en todos os seus frontes. Desde o acaparamento de terras coa consabida ruína e destrución das formas de vida sustentábeis no tempo polo extractivismo mineiro e o agro negocio, algo do que sabemos ultimamente tamén na Galiza, a expulsión de comunidades enteiras fundamentalmente dos povos nativos, pra beneficiar os cultivos intensivos da gran industria, ou intento do control das sementes por parte da industria agro-química, como o control da auga por parte das grandes tras-nacionais ect... é algo que estase a dar xa desde vai tempo, en todo o planeta. Mais aquí na Galiza, tampouco nos libramos das políticas nefastas que esta a desenvolver o PP na Xunta de Galiza, desde xa vai uns cantos anos, coa conseguinte bendición e aprobación de Madrid.
Un rural galego botado a perder, coa única finalidade de ter o país ao servizo da produción de madeira de baixa calidade, coas conseguintes consecuencias brutais pra o noso medio ambiente, pra os nosos ecosistemas. Compre sinalar, que A Galiza é o segundo país que máis eucaliptos ten no planeta, despois de Australia. Uno de cada 5 metros cadrados da superficie da Galiza é eucalipto. Xa andamos preto das 600.00 hectáreas. Desde Ence coa lóxica e xusta decisión do governo central que obrigalle a abandonar a ría de Pontevedra, falase da riqueza que xera o eucalipto no noso país, máis o certo é que, de cada 10 euros que xera o árbore, so 1 euro queda na Galiza. Máis o que si vai quedar, é o desastre meio ambiental que nos vira nun futuro non moi lonxe, con uns montes os cales, quedaran totalmente improdutivos.
Ademais de isto, desde a UE co beneplácito de Madrid e o peche de ollos da Xunta, as nosas labregas-os están continuamente desprotexidas fronte unhas supostas regras de competitividade, que producen abusos continuos e marcan prezos ruinosos, co único fin de beneficiar o agro-negocio.
É incríbel tamén como agora coa posibilidade de conseguir uns cartos extras pra moitas xentes do noso rural, co tema dos eólicos os cales, poden supor un complemento de longa duración xa que, onde se instalen os eólicos alí quedaran de por vida, as nosas-os propietarias reciben as rendas mais baixas do estado español e xa non digamos da UE. Por non falar do sector leiteiro, que no 2018 perderon de gañar case 70 millóns de euros, por culpa de ter os prezos mais baixos da UE, soamente superados por Romanía, Bulgaria, Hungría, Letonia e Lituania. Uns prezos que no alcanzaron os 32 cts por litro, sabendo desde a consellería a cal, coñece o mercado lácteo, que isto é claramente unha estafa por parte da industria láctea as nosas-os gandeiras. Xa o dicía Castelao”As nosas vacas teñen o pesebre na Galiza e os tetos en Madrid e quen non lle da de comer a vaca, non ten dereito a muxila” Tamén nestes derradeiros anos a Xunta de Galiza esta a beneficiar o extractivismo mineiro o cal, esta en clara oposición coa agro-gandería e outros xeitos de vida sustentábeis. Minería que tamén esta en oposición, a saúde e vida dos seres humanos e resto de seres vivos alí onde se instala. É sabido que as nosas labregas e gandeiras, produtoras dos alimentos que consumimos nas cidades, xa que sen elas, nos existiriamos os cidadáns, reciben prezos irrisorios polo froito do seu traballo, mentres as-os consumidoras pagamos polos produtos uns prezos que deixan lles aos grandes centros de distribución dos alimentos, marxes que chegan a superar en moitos casos o 1000% de beneficio.
É indubidábel que si Galiza estivese no mapa en Alemaña ou outro país europeo, atoparíamos nos noutra situación xa que, ninguén no seu san xuízo pode dubidar, das nosas inmensas capacidades sobre todo no rural. Non sería lóxico que tendo esta capacidade no país, sendo posuidores dunha terra altamente produtiva e de calidade tanto pra agricultura como pra gandería, fruticultura, apicultura ect..., agora coa ultima (polo momento)crise do neoliberalismo, o rural fose un nicho de oportunidades pra que, moita xente asentase se nel, pra crear riqueza de xeito sustentábel e perdurábel no tempo.
En definitiva, son as-os pequenas produtoras as que alimentan a cerca do 80% da poboación as cales, so controlan preto do 30-40% da superficie cultivábel, mentres que a agricultura extensiva so alimenta a cerca do 20-30% da poboación e controla preto do 60-70% da superficie cultivábel. Imaxínanse vostedes que o 70% da superficie cultivábel estivese en mans das familias labregas? Alimentarían a case dous planetas.
Por todo isto, compre loitar por dignificar e por en valor o rural e as súas xentes, loitar por un rural sen agro-tóxicos, loitar pra que as xentes teñan facilidades pra acceder as terras, loitar pra que sexan as labrega-os as donas e posuidoras das sementes, loitar contra o agro-negocio e por uns prezos dos alimentos, onde os beneficios repercutan nos que traballan a terra, loitar pola soberanía alimentaria a cal, brinda a cada país unha alimentación acorde co medio ambiente, acorde coa súa cultura e tradición, unha soberanía que nos fai a cada habitante totalmente libres e non dependentes ademais de, fornecer a nosa propria economía real xa que, os cartos no saen dos circuítos proprios do país. E sobre todo, loitar pola agro-ecoloxía e outro xeito de entender a relación, entre a produción da alimentos e as persoas que os compran e digo persoas, non consumidores. “A cidade cree que fora dela non ha máis que paisaxe, patacas e leite; ignoran que tamén existe unha cultura nobre, antiga e insubornable” Castelao.