Dar voz á xente que está abaixo, aos protagonistas que son os cidadáns, estar sempre ao lado dos máis débiles, denunciar porque é a función social da profesión”. Así se manifestaba neste diario en maio de 2013 Mónica García Prieto, gañadora do IX José Couso de liberdade de prensa organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.
Literalmente reivindicaba o exercicio do xornalismo como un servizo social. Crear un observatorio de investigación, estudo e análise de políticas sociais, promover un panel de informacion e reflexión sobre os dereitos e deberes da cidadanía e activar un ámbito do traballo social que estaba anestesiado; demandando, reclamando e aportando publicamente propostas de cambio foron as liñas matrices desta columna. Por iso me atrevo a decir que “Paso de peóns” que nestes días cumpre 10 anos naceu coa mesma misión: ser un servizo social.