Ensino e relixión

 problema do ensino, adoita ser unha das maiores dificultades que atopa cada novo goberno; e agora, a cousa complícase coa volta as aulas despois do “parón vírico”. Quizais por iso aínda non se profundou na planificación dun sistema mais acorde cos tempos actuais. E unha das dificultades estaría en decidir como se enfoca a ensinanza relixiosa. Porque é indiscutible que o sentimento relixioso é inherente ao ser humano, desde a noite dos tempos. Xa que logo, coido que se debería coñecer dun xeito xeral como, ao longo dos séculos, a relixión foi utilizada como medio de poder duns poucos sobre os demais, con independencia de tratárense dun ou máis “deuses”, aos que había que presentar ofrendas e sacrificios, incluso de vidas humanas. Certo que eses ritos xa quedaron esquecidos, pero aínda non está moi lonxe no tempo, nin era tan diferente, aquilo da Santa Inquisición da Igrexa Católica. Saber algo de todo iso, sequera por enriba, fora de fanatismos, non lle faría mal a ninguén. Digo eu, claro, pero...

Ensino e relixión

Te puede interesar