A importancia da estabilidade política

Os que enarbolaban con grandes ansias a bandeira do fin do bipartidismo e a desaparición das maiorías absolutas dos gobernos municipais como o seu principal dogma de fe, atópanse agora de bruces coa crudeza da realidade. Concellos como Ferrol, Santiago ou A Coruña, todos eles con alcaldes das Mareas, arrancan o ano sen ter aprobados os orzamentos para 2016, e sen visos de facelo a curto prazo. Nin Jorge Suárez, nen Xulio Ferreiro, nin Martiño Noriega, teñen sido quen de aprobar as contas do seu concello para este 2016. A non aprobación dos orzamentos non é cousa menor. Obriga a prorrogar os do ano anterior, e impide acometer investimentos novos de calquera tipo. Pon á administración local ó ralentí, e á espera de que se aprobe un documento económico coas previsións de ingresos e gastos para un exercicio que xa comezou. En definitiva, tarde, mal e arrastro. Un fracaso na xestión, que debe apuntarse na conta dos alcaldes autodenominados rebeldes. 
Así empezan o ano os gobernos do cambio a peor, os gobernos municipais da improvisación, da confrontación e da parálise dos grandes proxectos. Para eles, o importante era chegar os concellos. Era un “quítate tu para ponerme yo, que no voy a hacer nada”. Agora, gobernar xa é outra cousa, e resolver os problemas da xente, outra ben distinta. A iso, aínda non lle teñen adicado nin un minuto do seu tempo a pesar de levar ó frente dos concellos máis de sete meses. Están máis preocupados dos seus pro blemas internos, que non son poucos, que dos problemas cidadáns que deles dependen, e só buscan culpables a quen botarlle a culpa da súa incapacidade de xestión. E o peor..., pretenden practicar esta política durante os próximos 4 anos. 
Pero gobernar é outra cousa. Por iso, mentres vemos como sete comunidades autónomas inician 2016 sen os seus orzamentos aprobados, ou como Cataluña non é quen de nomear presidente e conformar goberno, é obrigado reflexionar sobre a importancia da estabilidade política e institucional que sí temos en Galicia. 
E por iso, en Galicia o ano comeza cos orzamentos de 2016  aprobados en tempo e forma, uns orzamentos que permiten, por exemplo, incrementar o gasto social en 282 millóns de euros con respecto a 2015, e que contemplan a maior rebaixa impositiva da historia da autonomía. Esa é a importancia da estabilidade política.
 

A importancia da estabilidade política

Te puede interesar