Isaac

E non quería pasar as datas sen citar a Díaz Pardo. En Isaac hai unha biografía intachable, porque acertou a elixir un fondo compromiso social e ser o derradeiro depositario dos bos e xenerosos, que tiveron un tráxico destino pola negra sombra de 1936.
Hai sete anos, os ferroláns tivemos a honra de poder organizarlle unha homenaxe de ámbito galega, coa implicación de todo o tecido asociativo, político, sindical e empresarial de importancia. Foi grazas á Asociación Cultural Fuco Buxán, da que o propio Isaac é un dos seus socios de honra.
Permítanme dicir que un ten a sorte de estar, dende o comezo fundacional, nesta última entidade. Son consciente do traballo desenvolvido dende alí, que permitiume coñecer de preto a Díaz Pardo.
Del gardo un exemplar do libro editado por Fuco Buxán para a ocasión e con el, a dedicatoria de man do propio Isaac. Mil grazas.

 

Isaac

Te puede interesar