EQUILIBRIO

Alguén dixo que a evolución do xénero humano debíase á Intelixencia, pero que a humanidade é guiada polo Poder. E destas afirmacións saíu a conclusión de que a Intelixencia e o Poder deberían estar xuntos e en equilibrio, para formar o Goberno do utópico “Estado ideal”. Mais, no especial sistema democrático español, o acceso ao Goberno ven proporcionado polo poder dos votos que, como é ben sabido, nace dunha lei electoral totalmente inxusta e antidemocrática. E, xa que logo, matinando na situación política actual, está claro que a cualificación de “ideal” ao Estado español  non lle acae en absoluto, pois parece que a unión da intelixencia e o poder ata agora non existiu e semella que seguirá sen producirse. Mais non poderá haber unión de dous compoñentes, se falta algún deles e, sabendo que o poder existe, pódese deducir que falta a intelixencia, ou se non, que algúns empregan a súa, para  satisfacer a súa  ambición de poder. Cal falla? Se cadra as dúas?
 

EQUILIBRIO

Te puede interesar