Good morning, Catalunya

P orque democracia é decidir, participar. Porque o cerne da festa democrática é xustamente o poder exercer o dereito ao voto . E reprimir, prohibir... ese dereito supón negarnos aos cidadáns a nosa condición de libres para considerárennos súbditos. Good morning, Catalunya. Porque nas sociedades democráticas os cidadáns expresan a súa vontade a través do voto. E perseguir e incautar papeletas e urnas reflicte un réxime esgotado e autoritario.
Good morning, democracia: “ Declaramos que cando hai unha contradición entre a legalidade constitucional dun Estado, e a vontade democrática, prevalece esta segunda, e declaramos que, nunha sociedade democrática, a diferenza dunha ditadura, non é a Lei a que determina a vontade dos cidadáns, senón que esta é a que a crea e modifica cando sexa necesario” (22 de xullo de 2010, Corte Internacional de Xustiza. Haia)
 

Good morning, Catalunya

Te puede interesar