Pregunten a quen pregunten,os turistas acaban sabendo que para chegar a San Andrés, ao millor banco do mundo, a cabo Ortegal, a Bares, a fraga dos Casás é imprescindible recorrer sinuosos tramos de estradas ou pistas. Todos recoñecen a beleza desas paisaxes pero tamén o grande déficit das infraestruturas viarias de acceso ás localidades que as albergan. Porque a padecen nas súas viaxes, identifican rapidamente unha das tres curvas negativas que lastran o futuro da zona.
As outras dúas están máis escondidas entre datos estatísticos e non soen ser de interese turístico. A demográfica é moi preocupante en todos os concellos, presentando dende hai anos unha línea claramente descendente nos niveis de poboación. As pirámides demostran baixa natalidade e excesivo envellecemento. A do desemprego fluctuante mantense sempre en cotas excesivamente elevadas. Tres puntos negros en espera de solucións.