Alcoa

áis unha vez homes e mulleres de A Mariña volveron saír ás rúas denunciando a ausencia de medidas que permitan gañar tempo para planificar un outro futuro. Porque diso se trata. De planificar. De futuro. Tarefa que ningún dos gobernos (Madrid e Compostela) fixo... E as mariñás na rúa, por milleiros, procurando un futuro que pasa polo prezo da enerxía que producimos pero non posuímos. 
E en Compostela e Madrid sábeno. Lembremos que o Parlamento galego en 2016 aprobou unha iniciativa a prol dunha tarifa eléctrica galega. Lembremos que os actuais inquilinos da Moncloa comprometeron a súa palabra nunha actuación urxente... Nin planificaron nin xestionaron... E milleiros, máis unha vez, na rúa na procura dese tempo para planificar o futuro. 
A Mariña, que se arrola nos brazos do vendaval,  navegou temporais e galernas. Por iso se identifica co “imos loitar, todos xuntos, e imos vencer” do líder sindical, Paleo.

Alcoa

Te puede interesar