Retranqueiro

Por mor destas miñas pequenas colaboracións neste xornal, algúns amigos de meu definíronme como “retranqueiro”. Xa que logo, pescudei no noso diccionario o significado da palabra retranca, atopando catro acepcións das que, dúas poderían encaixar no meu xeito de dicir as cousas: Unha, “Habilidade para dicir o que un quere e non o que outros queren que diga. A outra, “Expresión con segundas intencións”. Mais tendo en conta a idiosincrasia dos galegos, paréceme que “retranca” ten un significado moito máis amplo, como sería o xeito de respostar a unha pregunta con outra pregunta, ou coa consabida sentenza que di: “por un lado ti xa ves; e polo outro, que queres que che diga”. De calquera xeito, se eu tivese que dar unha definición máis concreta do significado de retranca, faría como aquel famoso entrenador-filósofo que dixo: “fútbol es fútbol”. Ou sexa, podería dicir aquilo de: “retranca é retranca”. E non sei se pasaría o exame, pero me quedaría tan tranquilo. Pois si.

Retranqueiro

Te puede interesar